jueves, 31 de mayo de 2018

VISITA



Es una de las cosas que quedan grabadas en nuestro interior cuando alguien nos ha venido a visitar en un momento difícil de la vida. Una situación dura, una enfermedad, una ausencia difícil de asumir por la muerte o la tragedia, un abandono... piensa por un momento cuantas veces la llegada y la palabra de un corazón dispuesto a servirte, esto es, siendo escucha, consuelo, acogida, supuso un renacer a la esperanza.
María, hoy, entra llamando por su nombre a Isabel, saludo con una invitación a dejarse acompañar. A mostrar que la presencia del Salvador es ponerse al servicio del que necesita. María lleva el Evangelio, la Noticia desbordante que provoca y es canto de alegría en el hogar de Zacarías e Isabel.
Hoy, esta Iglesia, portadora del Salvador, va deprisa, con la urgencia del Evangelio que está en su interior, al encuentro del que está necesitado de la alegría.

María, Naiciña nosa, axúdanos a sermos portadores da Boa Nova
Contigo dicimos "A miña lama proclama a grandeza do Señor"
Feliz día
Xabier Alonso
Visitación de María
31-05-2018

miércoles, 30 de mayo de 2018

CONTEMPLAR ES ESCUCHAR



Hoy, como cada mañana, nos hemos reunido para la oración. Nos acompañó el P. Santiago de la Orden del Císter. Al final nos dio unas claves para la contemplación. Esto es contemplar es escuchar como se nos comunica el Señor a través de lo que vemos. No el que nosotros hablemos, sino que sepamos escuchar en el silencio.
Paz

martes, 29 de mayo de 2018

DEJARLO TODO, SER LIBRE




La opción que nos pide Jesús es la de la libertad. Ser libres para abandonarse totalmente en el amor del Padre. Ser libres para romper las ataduras interiores, o más bien, permitir que el Señor rompa las cadenas que nos oprimen en nuestro ser. Ser libres para negarnos a nosotros mismos. ¿Quién no decidió en contra de sus inclinaciones interiores, gustos, proyectos, programas, para ser más servicial, para el bien común, para lo bueno, lo justo, lo verdadero?. Ser libre para vivir la plenitud de la libertad entregando la vida. 
Para esto no podemos estar llenos de cosas, de cachivaches, como dice Francisco. Para proclamar la verdad que es el Señor, no puedo estar encadenado a mis verdades que me acaban esclavizando. Para vivir en la confianza plena no puedo estar atado a condicionantes que me satisfacen por un momento pero que después crean vacío y desazón. Para proclamar la libertad no puedo estar atado a cosas. Para crear comunión no puedo encerrarme en mí mismo. Para transmitir alegría no puedo estar atado a agobios asfixiantes de quien tiene que llegar a todo y satisfacer todas las expectativas. 
Jesús promete a Pedro y a todos sus discípulos que dejarlo todo no es quedarse sin nada sino acceder a la plenitud. Dejarlo todo es abrirse a la gratuidad.

Nosa señora, Virxe María, apréndenos a dicir "velaquí a escrava do Señor". Apréndenos a sermos libres no teu Fillo.

Feliz día
Xabier Alonso
A Franqueira, Prado, A Lamosa
29-05-2018

lunes, 28 de mayo de 2018

UN MONXE NA FRANQUEIRA



Esta semana teremos hospedado no santuario a Santiago Ordóñez, da Orde do Císter, mooxe do mosteiro de Sobrado dos Monxes en Coruña. Unha oportunidade para compartir con este home dunha fonda experiencia espiritual o día a día da oración e da lectura crenta da Palabra.
Os que queirades o vindeiro mércores, despois da Misa das 6 da tarde, teremos unha terulia con él. 
Ademáis, o pequeno grupo de oración de laudes, ás 7,30 da mañá, nos reunimos na capela da Reconciliación para afondar no rezo da liturxia das horas.

damos as grazas de antemán ao P. Santiago por vir pasar connosco estes días de silencio e oración. Queremos que sexa un vínculo entre este lugar, antigo mosteiro cisterciense e a vida monástica coa vida cotiá dos devotos e devotas da Virxe da Franqueira

EL RICO QUE SE VUELVE TRISTE A CASA




Las riquezas no lo dan todo, llenan de satisfacciones, embotan la mente, crean falsas ilusiones, te busca amigos de conveniencia. Aquel joven estaba harto, lo tenía todo y nada, lo había llenado todo de cumplimiento y compensaciones, pero había perdido la ilusión por un proyecto: alcanzar la vida. Su carrera era agotadora y ya estaba cansado de no llegar.
Y Jesús, lo mira con cariño, pone sobre él su mirada llena de ternura, se adentra en su corazón y descubre la sinceridad de una búsqueda. Y arriesga. Jesús pone toda la carne en el asador.  Se atreve a proponer "vende lo que tienes, dale a los pobres, ven y sígueme". Y Jesús respira hondo. Sabe que la respuesta la tiene este joven en su corazón. De esta propuesta depende todo. Así es Jesús, te suelta de repente una palabra. Di, sí o no. Venga.
Y es de los que no aceptan. El evangelio también nos narra la respuesta negativa de los que no se atreven. Su corazón está demasiado agarrado a las riquezas. Lo peor es que volvió a su casa triste. Teniéndolo todo, vuelve peor de lo que había ido.

A tí María, naiciña nosa, poñemos a nosa vida., Axúdanos a dicir si coa libertade coa que ti te entrgaches. Ti fas da pobreza a maior riqueza, ti nos traes ao que sendo Deus físoxe pobre.

¿cal é a túa resposta hoxe?

Feliz día
Xabier Alonso
Franqueira, Prado, A Lamosa
28-05-2018

domingo, 27 de mayo de 2018

SANTÍSIMA TRINIDAD







Encuentros

Ser uno mismo
y estar en los otros.
Vivir en una soledad
poblada.
Forjar vínculos
indestructibles.
Abrazar sin invadir.
Amar sin anular.
Comunicar sin agotar.
Ser uno mismo
Ser nosotros.
Crear mundos,
inspirar sueños,
restañar heridas.
Desplegar la vida
en el tiempo.
hablar en el trueno
y el susurro,
ser batalla sin muertos.

Somos imagen
del Dios de los encuentros.

(José María R. Olaizola, SJ)

viernes, 25 de mayo de 2018

LO QUE DIOS HA UNIDO




Estamos muy dados a considerar que todo es gracias a nuestro esfuerzo. Así, el trabajo con sus éxitos, es gracias a una buena formación, a un empeño, a una dedicación. El ámbito de la amistad es gracias al don de gentes, a una buena imagen, al esfuerzo de cuidar los amigos. Y así todo. Intentamos controlarlo todo con nuestras garantías. Queremos dominar con nuestros cálculos a las personas. 
Consideramos que la decisión de crear una familia con otra persona es gracias también al esfuerzo. 
Pero, desde la fe, al ver todo bajo el prisma de la historia de la salvación que el Señor va construyendo, la debilidad es manifestación de su poder; el pecado es una llamada a la misericordia; los fracasos son una invitación a renacer; el encuentro es imagen de la comunión en Dios; el compromiso es una respuesta al amor; el esfuerzo es la ofrenda de la vida; los objetivos son garantía de esperanza; los afectos son signo de profundidad; la oración es consecuencia de la comunicación.
La vida matrimonial es un acuerdo, alianza, contrato entre dos personas; pero antes es una vocación, una invitación, una provocación, un sendero. Por esto Jesús recuerda que es lo que Dios une, lo llama a la unidad, lo que entrega como signo de si mismo.
Lo que Dios ha unido.
Hoy recordamos el signo matrimonial como manifestación de la unidad de Dios.

Feliz día
Xabier Alonso
25/05/2018

jueves, 24 de mayo de 2018

PASCUILLAS. MIL GRACIAS




Un ano máis cumprimos coa nosa santa tradición de reunirnos na Franqueira. Unha manifestación de loanza a Deus por María, Nai da Igrexa, como é proclamada desde este ano polo Papa Francisco e por toda a comunidade cristiá. Moitas son as experiencias e sensacións que afloraron nese día. Por todas dou grazas a Deus. 
Renovouse a nosa devoción a María. Fortalecéronse os lazos de comunión e de amizade entre os peregrinos das parroquias. Fíxose un gran esforzo por peregrinar e facer o camiño. Unímonos nunha mesma pregaria e celebramos xuntos a Eucaristía. Moitas grazas polo silencio na celebración da Misa e na visita ao santuario. 
Grazas ao Sr. Bispo por presidir a celebración e aos sacerdotes
Moitas grazas á parroquia de Meder ao preparar a súa ofrenda. 
Grazas as parroquias, aos párrocos e os que preparan as peregrinacións. 
Grazas aos servizos de emerxencia e seguridade. Ao concello que nos facilitou as mesas no recinto da celebración.
Grazas a todos os voluntarios que fan posible todo isto, por amor a María e como vivencia da súa fe. 
Pero o grazas máis grande é a Deus, Pai de bondade e misericordia, que nos concede esta oportunidade de sermos terra boa, como María, para recibirmos a Palabra, que no don do Amor é fecunda e fai presente o don do Fillo na nosa carne.
Grazas a María, Virxe da Franqueira.
Grazas a todos, mil grazas

Unha aperta
feliz día de Xesucristo, Sumo e eterno sacerdote
Feliz día de María Auxiliadora dos cristiáns.
24-05-2018

domingo, 20 de mayo de 2018

MIRANOS VIRXE DA FRANQUEIRA




Mírame.
Virxe da Franqueira
Mírame
y prueba mi corazón
que me ciega la razón
quedarme sin tu mirada
y mi alma de ti enamorada
solo desea mirarte.
Mírame.
Mírame,
que con solo mirarme
logras enamorarme.

NOVENA Á VIRXE DA FRANQUEIRA. DÍA 9º IGREXA

Foto de comezos do Século XX da Romaría das Pascuillas na Franqueira

Xa chegamos á fin. Todo está disposto e preparadao para acoller aos milleiros de peregrinos que virán no día de hoxe e mañá  a este Santuario. Hoxe, finalizamos a Novena ás 4,30 da tarde contemplando a María, que une na oración aos apóstolos na espera do Espírito prometido polo Señor. Así nos reúne neste novo cenáculo da Franqueira, para que a nosa pregaria sexa a de sermos recipientes, non pasivo, senón coa nosa propia vida e nosa historia, no que o Señor derrame o seu amor. Fecundidade que comenza na acollida, sincera de que o Señor ven a nosa debilidade. Así como o Fillo encarnou na condición humana cando a "sombra do Espírito veu a María", así tamén, cubre e penetra ata o fondo da alma o don do Señor, fecundidade e vida.

Neste día as parroquias preparan as imaxes que veñen ata o santuario. Explosión de beleza que o inunda todo. Ao contemplar as imaxes da Virxe engalanadas, Ela, a Nai da Igrexa, únenos na beleza da fe e na alegría do Eavanxeo, o seu Fillo.

As ofrendas son signo de que o noso traballo de sementar a terra, de sementar  este mundo coa Palabra de Deus de facer presente a caridade, dará froitos co don do Espírito.

Oremos a María Nai da Igrexa.

Benaventurada Nai de Deus, venerada coa secular advocación da Virxe da Fonte da Franqueira.
Acollidos no teu Santuario invocámoste como Nai da Igrexa e protectora da nosa Diocese de Tui-Vigo.
Ti, acolliches o teu Fillo cun corazón inmaculado, que o levaches no teu seo e o deches a luz, sendo imaxe da Igrexa, nosa nai.
Ti, recibiches ao pe da cruz o testamento do amor e adoptaches coma fillos a todos os redimidos coa morte de Cristo.
Ti, uniches na pregaria aos apóstolos na espera do Espírito e es modelo da Igrexa en oración.
Ti, elevada ao ceo, coidas con amor de nai á Igrexa que peregrina nas nosas parroquias.
Ti, avogada nosa, protexe aos pobres e desvalidos, os doentes e desamparados.
Acompaña as nosas familias, Igrexa doméstica, co agarimo da Nai.
Axúdanos a sermos mensaxeiros do Evanxeo do teu Fillo, que vive e reina co Pai, na unidade do Espírito Santo, por sempre eternamente. Amén


FELIZ DÍA DE PENTECOSTÉS
FELIZ DÍA DAS PASCUILLAS


sábado, 19 de mayo de 2018

NOVENA Á VIRXE DA FRANQUEIRA. DÍA 8º. CRUZ




Hoxe contemplamos neste camiño orante o momento máis duro de María. Aceptar a morte do seu Fillo. Alí, ao pe da crz, está o signo da Igrexa que ve sufrir ao seu fillo. A fe de María, a súa firmeza, o seu saber estar é froito da acción do Espírito. 
A Igrexa Nai dóese pola dor dos seus membros, pero tamén é consciente de que, por pouco que sexa significa a comunión con aqueles que padecen as consecuencias do pecado, os que sufren as inxustizas, os que son liberados. Tamén é saberse firme pola fe na loita frente ao pecado coa misericordia. O patíbulo convértese nun río incesante de misericordia onde se proclama o perdón ao ladró arrepentido, onde se pide e xustifícase polos que cometen o crímen de matar a quen é bondade. Xustificación que nos alcanza a todos nós.
María é testemuña disto convidando así á Igrexa a sermos tamén nós testemuñas do amor de Deus. 
A Cruz é lugar de conversión. O centurión proclama a divindade de Cristo cando o ve morrer, así, a participación na cruz dos irmáns é un lugar para anunciar a Cristo.

Moitas persoas acuden ao Santuario poñer as súas pregarias pedindo polos seus padecementos ou dos seus. Aos pes de María, a Virxe da Franqueira, moitas bágoas atopan consolo, moitas inquedanzas e oracións son escoitadas, moitos laios atopan a tenrura e o abrazo da Nai.

CRUZ
Árbore  que se eleva
canto de vida,
faro de luz,
sabia que renova,
froito de amor,
Cruz.
A Nai, 
atenta,
silencio,
tenrura,
dor,
pobreza,
morte.
No tesouro interior;
firmeza,
forza,
esperanza,
vida.
María, Nai,
unha nova humanidade
nace e espera,
no perdón,
na misericordia,
na redención.
Xa somos fillos
e ti na dor dos débiles,
dos que padecen.
Nai na cruz,
vida.

 (19-05-2018)




Pasade bo día
Xabier Alonso

viernes, 18 de mayo de 2018

NOVENA Á VIRXE DA FRANQUEIRA. DÍA 7º. ALEGRÍA DO EVANXEO




Felices, benaventurados, benditos, alegres... non son unha quimera, senón a identidade do crente. Temos recibido en nós o Evanxeo, a Boa Nova, deixándonos facer polo Espírito, damos vida en alegría, en benaventuranza. 
Feliz María, por teres crido, lle dixo Sabela. Feliz o ventre que nos trouxco a ledicia. Feliz que deu a luz a Boa Nova da Salvación.
En María, somo nós, Igrexa que recibe o Evanxeo, a Cristo, na escoita da Palabra, facéndonos na conversión, na pregaria unánima, no Sacramento e na Caridade. 
Igual que aquela muller berrou no medio da multitude, así os extraños dicían dos primeiros crentes mirade como se aman. 
Quen son admirados? Os que se abandoan en Cristo, saen ao encontro do ferido polo pecado dos homes, do que, provocado pola urxencia do Señor leva a Palabra e o Reino a todas as creaturas, ata a fin do mundo. Non é para que falen ben de un, senón para que xuntos bendigamos ao Señor.
Alegría e evanxeo van xuntas da man.
Invito a que collamos calqueira evanxeo e fagamos unha lectura buscando as veces que se le alegría, gozo, bendición, benaventuranza, felices, e poidamos sorprendernos da mensaxe alegre que ten o evanxeo.

Hoxe como tes a cara?. Tes un sorriso?. Regálallo a todos.

O vindeiro luns a Franqueira será unha explosión de ledicia sana que nace do encontro co Señor, por María e cos irmáns na fe. 
Permíteme que te poña como tes de vivencia que ao rematar a Romaría poñas esta frase ¡Qué ben me fixo vir á Franqueira!. Se non é así revisemos o motivo, porque hainos que pensan que ese día van ser máis felices porque se escedan. Pero canto, polos seus excesos acaban unha mala tarde?. 
Que ben nos fai vivir a nosa fe, ser sanos e ser santos.

Hoxe regalamos estas cantigas de hai moitos anos.


CANTIGAS NOVAS
I
Nosa Señora da Fonte
Virxe santa da Franqueira;
no monte ten a casiña
para todos sempre aberta.
Xentes fidalgas da vila
probes labregos dáldea,
rezando van monte arriba,
a ver a Virxe de pedra.

II
As espigas do centeo
cando a Virxe santa pasa,
bambéanse cará Ela,
para , humildosas, saudala.
E dispois aquel panciño,
do centeo da montaña,
benzoado polá Virxen,
ten dos anxiños a gracia.

III
A caminata foi longa,
e muito as andias pesaban.
De traguer a carga o limbo
a xente quedou cansada.
Mentres a hora non chega
de tornar de novo á casa
os que de lonxe viñeron
ó pe dun freixo descansan.

IV
Dispois de xantar os mozos,
á sombra mol d´un carballo
tanguen as gaitas a dúo
a carón do santuario
E a música ten na tarde
divino son d´himno sacro,
que por ser tan garimoso
baixas´ó ceo a escoitalo

V
¡Adiós Virxen da Franqueira!
¡Adiós naiciña querida!
¡Hastr´o oito de setembre
e pro ano nas “Pascuillas”!
Des d´o teu altar de pedra,
os nosos pasos vixía;
líbranos de peste e fames,
e protexe as nosas vidas.

Benedicto Conde
Faro de Vigo
9 de xuño de 1957

Feliz día

jueves, 17 de mayo de 2018

LAUDES. ORACIÓN DA MAÑÁ NA FRANQUEIRA


Capela das confesións onde nos reunimos cada mañá para a oración de laudes

Desde hai uns meses temos iniciado un pequeno grupo comezar o día rezando. Para isto nos reunimos na capela da penitencia, debaixo da casa rectoral, para a oración de laudes e o oficio de lectura. Esta oración é a que se reza, con salmos e outras pregarias, en toda a Igrexa.
O horario é de lus a venres ás 7,30 da mañá e os sábados e domingos ás 8


NOVENA Á VIRXE DA FRANQUEIRA. DÍA 6º. AQUEL CASAMENTO




Pouquiño a pouco ímonos arrimando ao día grande da Romaría das Pascuillas. A través dos episodios da vida de María imos descubrindo a chamada a renovar a nosa propia vida de fe. Hoxe contemplamos a María compartindo un momento alegre e importante da vida dunha xove parella. Ela, xunto co seu Fillo e os primieros discípulos, participa daquel casamento en Caná. Todos coñecemos o relato no que Xesús comeza a súa revelación, manifesta a súa gloria e medra a fe dos seus dicípulos. Lembremos a palabra que María dirixe aos servintes "facede o que Xesús vos diga". E alá van os criados a enches as tinallas de auga, 600 litros. Unha tarefa silenciosa pero necesaria para que fose convertida en viño anticipando así o banquete das vodas eternas do misterio pascual.
Neste ano imos vendo algúns aspectos da vida da Igrexa.
¿quén son os criados?, pois todos nós, que, acollendo a indicación de María seguimos o mandado do Señor.
¿para que serven as tinas?. Eran das purificacións. Estaban baleiras, o vello rito estaba caduco, a vida estaba valeira de Vida.
Se o que falta é viño ¿encher de auga?. Os riso dos comensais sería grande. Onde ían os criados a botar auga, que cousa máis inútil, pensarían.
Pois así acontece. Unha Igrexa que confía plenamente na palabra de Xesús, e non conforme os criterios do mundo. É o señor quen transforma o caduco, o cansanzo, o que xa non enche, nin alegra, nin da vida. Pero quere que nós, os criados, vertamos a auga.
Comparto convosco a oración que rezan os recén casados diante da Virxe da Franqueira
Oremos polos matrimonios e as familias

ORACIÓN ANTE A SANTÍSIMA VIRXE DA FRANQUEIRA 
DOS RECEN CASADOS NO DÍA DO SEU CASAMENTO

Benaventurada Nai de Deus, 
venerada neste lugar,
coa secular advocación 
de Nosa Señora da Fonte da Franqueira.
Hoxe estamos a celebrar 
este día grande do noso casamento.

Poñemos a nosa ollada en ti 
e deixámonos guiar polo teu exemplo, 
a túa fe, a túa esperanza e o teu amor.
Temos o noso corazón xove disposto para o amor, 
un corazón que soña e reza, 
e que ante ti quere poñer a súa pregaria confiada.

Comezamos un novo proxecto, 
iniciamos unha nova andaina da nosa vida, 
poñemos os nosos mellores desexos no futuro.
Ti, que nas vodas de Caná, 
mostraches o teu corazón atento 
ós apuros dos noivos ó faltarlles ó viño. 
Interce hoxe por nós.
Indícanos o camiño para facer sempre 
o que Xesús, o teu Fillo, nos diga.

Fai que o Señor transforme as nosas vidas, 
que nunca nos falte o viño da alegría, 
o viño da unidade, 
o viño da comprensión e do perdón, 
o viño do entendemento e do diálogo, 
o viño da caridade.
Fai, María, que imitando as virtudes 
da túa familia en Nazaret, 
formemos unha igrexa doméstica, 
comunidade de vida e amor, 
lugar de oración e anuncio do Evanxeo.

Que nunca nos falte a esperanza, 
que irradiemos sempre a alegría fecunda do amor.
Que no noso fogar se aprenda cada día 
que a alegría consiste dicir sempre si a Deus, 
que Xesús é fiel e nunca falla 
e que impulsados polo Espírito 
vivamos na sinxeleza, na oración 
e na alegría serea da felicidade.
Santa María raíña das familias, roga por nós.
Amén.


ahí vai o poema de hoxe

IR DE CASAMENTO
Aquel día era grande, aquela mocidade
cheos de ilusións, de vida e de futuro,
unha nova etapa, un novo tempo,
para estas cousas non hai idade.
Agora, en Caná, non se mira para atrás,
agora é tempo de futuro,
todo fala de unidade
Futuro é fecundidade.
E ti, María, como muller sempre atenta
ollas e observas que o viño está a esgotar.
falas baixo e invitas 
a quen sabes pode darlle bo termo
dando color e sabor alegrando o corazón.
“Facede o que Xesús vos diga”
non fai falta máis palabra
so con que ti o digas
alá iremos e o que Xesús mande
iso faremos.
Enchemos María as pías
de auga fresca ata arriba
pois do que xenerosamente entregamos
o Señor dánolo multiplicado.
Vertemos no corazón baleiro dos homes
auga farturenta que fará o Señor 
converter en viño de alegría e vida.



17-05-2018
Pasade un bo día
Xabier Alonso


miércoles, 16 de mayo de 2018

NOVENA Á VIRXE DA FRANQUEIRA. DÍA 5º. A PARROQUIA, GARDAR NO CORAZÓN



O texto que contemplaremos hoxe no rezo da novena é a escena do xovenciño Xesús que queda no templo de Xerusalén. Despois de tres días na súa busca, atópano no medio dos doutores  dialogando con eles.
Viñan de facer a pregrinación, como nestes días estamos a preparar nas parroquias a peregrinación para acudir á Romaría das Pascuillas.
Resulta chamativa a conversa entre nai e fillo. Un corazón aguriado pola situación e que ante o seu fillo non lle recrimina, senón que abre a unha resposta sincera. Non o xulga, nin lle ameaza, non avengonza diante daquela xente. María lle invita, desde a súa situación persoal a reflexionar no que está a facer. "Mira que teu pai e máis eu adamos cheos de angustia en busca túa". 
Ben a indicar, o que fas ponnos tristes, queremos saber por qué o fixeches, cal é o seu sentido.
A resposta tamén é unha chamada a pensar "non sabiades que teño que ocuparme nas cousas de meu Pai?".
Á luz deste camiño de oración que facemos con María, Nai da Igrexa e na espera do Espírito, convídame a ver:
Que a Igrexa é nai e mestra, educadora. Como tal vive cada unha das situacións dos seus membros. Como educadora necesita desnvolver as actitudes para acompañar e coidar de todos. Saber chamar á reflexión, a dar as ferramentas para que cada quen saiba elaborar o pensamento adecuado para formar a súa conciencia.
Que o primordial é cumprir coa vontade do Pai, non buscar outros intereses. A tarefa da comunidade crente ten no seu cerne anunciar a Salvación, a conversión, a misericordia, a Boa Nova.
Que así como María gardaba todas estas cousas no corazón, sexamos unha Igrexa que garde coma un tesouro o recibido e experimentado en cada momento vendo a salvación e intervención de Deus.
Unha Igrexa, coma o fogar de Nazaret na que nos preocupemos e coidemos uns dos outros.

Así, cada parroquia e este santuario, necesitamos desenvolver as accións e tarefas como expresión da efusión do Espírito. Netse lugar, onde María se preocupa por nós, como signo da Igrexa, hospital de campaña, moitos corazóns doentes pola angustia, moitas persoas feridas pola desesperanza e a tristura, moitos golpeados pola enfermidade, veñen buscar consolo e sosego na tenrura da nosa Nai. Queremos neste día renovar o noso compromiso na tarefa pastoral ao servizo dos que necesitan axuda.

GARDAR NO CORAZÓN

Pascua de liberdade,
Pascua vida que Deus entrega,
a Xerusalén saíches, e fixeches o camiño,
pobo peregrino que agradece, loa e bendice
a quen nos liberta e da vida.
Na comitiva vai o novo Moisés
que vai a casa do Pai
para falar cara a cara como aquel no deserto
que dialogaba como un amigo.
A tenda do encontro, templo dun pobo,
un pobo en camiño, que sabe que é certo,
chegar á fin, a pascua do tempo eterno.
E queda no santuario, e van pasando os días
e o corazón de María
busca, busca e atopa a quen non está perdido
el ben sabe onde hai que estar.
No medio daquel lugar
a sabedoría queda manifesta,
doutores e sabedores da lei
que sorprendidos escoitan e calan.
Axúdanos María a gardar no corazón,
ensínanos a contemplar a sabedoría
que busquemos en todo
facer o que o Pai nos manda


AQUI TES O ENLACE PARA ESCOITAR OS CANTOS DA CELEBRACIÓN DA MISA SOLEMNE DA ROMARÍA DAS PASCUILLAS





Xabier Alonso
(16-05-2018)

martes, 15 de mayo de 2018

NOVENA Á VIRXE DA FRANQUEIRA. DÍA 4º. TEMPLO



Hoxe, nos textos cos que lembramos a percorrido da vida de María imos con ela e oseu esposo ao templo. Cumpren coa obriga de presnetar ao fillo primoxénito. Coa ofrenda sinxela dos pobres chegan ao centro da relixiosidade xudea. Por certo que non esquezamos neste día elevar a nosa oración pola paz en Terra Santa. Dun fogar sinxelo, un artesán e traballador, atópanse coa grandeza do templo que asombraba a propios e extranos. É como se calqueira de nós entramos nos pazos espallados por Europa, ou cando entras nunha das grandes catedrais, que non paramos de ollar a  todas partes para admirar a beleza dos espazos que fan admirar ao saber e facer dos homes.
Alí, no medio daquel escenario, están esta xove familia co seu meniño e a ofrenda dos pobres.
E a beleza do marco non é comparable coa luz de que entra. So desde a fe e movidos polo Espírito, Simeón e Ana, velliños en anos e sabios na experiencia, poden descubrir que o neno que presentan é o que rescata a beleza e fermosura do templo feito por man de Deus, o home á imaxe e semellanza do seu facedor. 
A luz disto quero compartir esta lectura de San Xoan Crisóstomo, un pos primeiros Pai da Igrexa, alá polo século IV e que nos indica como coidar o templo santo de Deus. Le e medita con calma, é un pouco longo pero vale a pena.

¿Deseas honrar el cuerpo de Cristo? No lo desprecies, pues, cuando lo contemples desnudo en los pobres, ni lo honres aquí, en el templo, con lienzos de seda, si al salir lo abandonas en su frío y desnudez. Porque el mismo que dijo: Esto es mi cuerpo, y con su palabra llevó a realidad lo que decía, afirmó también: Tuve hambre, y no me disteis de comer, y más adelante: Siempre que dejasteis de hacerlo a uno de estos pequeñuelos, a mí en persona lo dejasteis de hacer. El templo no necesita vestidos y lienzos, sino pureza de alma; los pobres, en cambio, necesitan que con sumo cuidado nos preocupemos de ellos.

Reflexionemos, pues, y honremos a Cristo con aquel mismo honor con que él desea ser honrado; pues, cuando se quiere honrar a alguien, debemos pensar en el honor que a él le agrada, no en el que a nosotros nos place. También Pedro pretendió honrar al Señor cuando no quería dejarse lavar los pies, pero lo que él quería impedir no era el honor que el Señor deseaba, sino todo lo contrario. Así tú debes tributar al Señor el honor que él mismo te indicó, distribuyendo tus riquezas a los pobres. Pues Dios no tiene ciertamente necesidad de vasos de oro, pero SI, en cambio. desea almas semejantes al oro.

No digo esto con objeto de prohibir la entrega de dones preciosos para los templos, pero sí que quiero afirmar que, junto con estos dones y aun por encima de ellos, debe pensarse en la caridad para con los pobres. Porque, si Dios acepta los dones para su templo, le agradan, con todo, mucho más las ofrendas que se dan a los pobres. En efecto, de la ofrenda hecha al templo sólo saca provecho quien la hizo; en cambio, de la limosna saca provecho tanto quien la hace como quien la recibe. El don dado para el templo puede ser motivo de vanagloria, la limosna, en cambio, sólo es signo de amor y de caridad.

¿De qué serviría adornar la mesa de Cristo con vasos de oro, si el mismo Cristo muere de hambre? Da primero de comer al hambriento, y luego, con lo que te sobre, adornarás la mesa de Cristo. ¿Quieres hacer ofrenda de vasos de oro y no eres capaz de dar un vaso de agua? Y, ¿de qué serviría recubrir el altar con lienzos bordados de oro, cuando niegas al mismo Señor el vestido necesario para cubrir su desnudez? ¿Qué ganas con ello? Dime si no: Si ves a un hambriento falto del alimento indispensable y, sin preocuparte de su hambre, lo llevas a contemplar una mesa adornada con vajilla de oro, ¿te dará las gracias de ello? ¿No se indignará más bien contigo? O, si, viéndolo vestido de andrajos y muerto de frío, sin acordarte de su desnudez, levantas en su honor monumentos de oro, afirmando que con esto pretendes honrarlo, ¿no pensará él que quieres burlarte de su indigencia con la más sarcástica de tus ironías?

Piensa, pues, que es esto lo que haces con Cristo, cuando lo contemplas errante, peregrino y sin techo y, sin recibirlo, te dedicas a adornar el pavimento, las paredes y las columnas del templo. Con cadenas de plata sujetas lámparas, y te niegas a visitarlo cuando él está encadenado en la cárcel. Con esto que estoy diciendo, no pretendo prohibir el uso de tales adornos, pero sí que quiero afirmar que es del todo necesario hacer lo uno sin descuidar lo otro; es más: os exhorto a que sintáis mayor preocupación por el hermano necesitado que por el adorno del templo.


Este é a poesía para hoxe.

TEMPLO
Elevas a mirada e contemplas a grandeza
dun templo adornado
cheo da beleza
de tesouros dourados.
Baixas a ollada
e no teu colo durmindo
a voz calada
pero palabra encarnada.
Abrazas a ofrenda
de Deus para os homes,
non ves buscar nada
traes dos albores
o Redentor prometido
ao templo sagrado
onde o home redimido
atopa lugar do Namorado.
Irmán benquerido
pon a túa mirada
no home ferido
que é terra sagrada.
Pídoche Nai querida
co Espírito poder
da miña alma facer
santuario de paz e de vida.

 (15-05-2018)

Feliz día

Hoxe ás 8 da tarde, Rosario, Novena e Misa.
Rezamos polos anciáns





lunes, 14 de mayo de 2018

PREGÓN






O DOMINGO 13 DE MAIO CELEBRAMOS O PREGÓN A CARGO DE D. SAMUEL DELEGADO DE PASTORAL XUVENIL DA DIOCESE DE TUI-VIGO.
FIXÉRONSE PRESENTES TAMÉN UN GRUPO DE SACERDOTES. 
D. Samuel fixo unha chamada a escoita e coidado dos máis novos por parte de todos, a transmisión da fe e a que o Santuario sexa un lugar de acción na pastoral da mocidade.
Moitas grazas a todos os que participaron e ao nutrido grupo de persoas que se fixeron tamén presentes.

NOVENA Á VIRXE DA FRANQUEIRA. DÍA 3º REGALO DEL CIELO.




En camino a la celebración de la Romería de Pascuillas contemplamos, como los pastores, sorprendidos y agradecidos la criatura nacida en la miseria de una gruta. Dios se revela a los pobres y sencillos, es la sabiduría del encuentro en lo frágil y débil. 
María da a luz a su hijo en las periferias de una ciudad, fuera, pues no hay sitio en las posadas. Dios viene a revelarse en la debilidad entre los débiles, en donde menos lo esperas.
La Iglesia, representada en María, por lo que es Madre, está llamada a perder su protagonismo de sentirse el centro. Ella no lo es, a quien vienen a adorar es al Niño. Salir, como nos dice el papa, a las periferias no es por quedar bien, ni porque sea así una Iglesia más atractiva. El Señor viene a rescatar al que no cuenta, no vale, no sirve, no progresa, el que está derrotado y hundido, al que vive en el vacío, el que está en la noche. 
La Iglesia, como María, no se presenta a si misma. Ella es madre que da a luz, por los sacramentos, a los llamados a estar en el Señor.

Recuerda que en A Franqueira, alejados de todo bullicio, en el silencio de la montaña, a una pobre anciana, escondida en una gruta, la luz señaló el lugar del gozoso encuentro. Una gruta en lo alto de A Paradanta nos recuerda que Dios se hace presencia, fuera, en el silencio, a los pobres, a los que no cuentan. Cuando vengas a Franqueira pide la gracia al Señor de convertir tu corazón en una pobre gruta para que Él resplandezca.


Agasallo do ceo

Noite estrelada,
noite que se fai día,
xa non hai magoada,
so cantos de alegría.
Un meniño , un filliño,
noite clara coma o día,
ten cara de anxiño
felicidades María.

Sae apresa
non te deteñas,
non te entreteñas
busca na miseria,
entra nas entrañas,
sae á carreira
sae, non busques na grandeza,
nin te cegue a opulencia,
Deus está na pobreza

Graciñas Naiciña
graciñas María
no silencio dunha corte
amósasnos a Sabedoría.
Sandados, do pecado e da morte
da tristura á alegría.
Polo agasallo do ceo
grazas Nai María.




Hoy Rosario, novena y Misa a las 8 de la tarde

Pediremos especialmente por los niños.

Feliz día
Xabier Alonso
14-05-2018




domingo, 13 de mayo de 2018

NOVENA Á VIRXE DA FRANQUEIRA




Ayer, 1º día de la novena, tuvimos la oportunidad de contemplar en la escena de la Anunciación una imagen de nuestro ser Iglesia. En María está la respuesta al proyecto de Dios de engendrar a la nueva vida. Así, la que acepta al Hijo de Dios en sus entraña por el don del Espíritu, es la Iglesia que por el regalo de la vitalidad del Espíritu del amor nos ha engendrado a la vida nueva. Una Iglesia que dice sí como María, una Iglesia que acoge en la fe, que se deja configurar y hacer, que asume haciendo su el plan de Dios. 
Oramos con los jóvenes que han participado en la novena por las vocaciones.

Hoy vemos, en este segundo día de la novena, el primer efecto de la presencia de Dios. La que proclama ser la esclava del Señor adquiere las actitudes que brotan de la Presencia en su ser. No se resiste a que ser Iglesia es ser servicio. Por eso María sale deprisa al encuentro de su prima, se pone a su disposición, y convierte el hogar de Isabel en un canto agradecido de las maravillas de Dios. Es así; María, imagen de la Iglesia que sirve a los pobres y con ellos proclama la grandeza del Señor
Oramos por aquellos que necesitan el consuelo y la esperanza.

NO TE OLVIDES QUE HOY TENEMOS EL PREGÓN A CARGO DE D., SAMUEL, DELEGADO DE PASTORAL JUVENIL DE LA DIÓCESIS.
ESTÁS INVITADO
ES DESPUÉS DE LA MISA DE LAS 5 DE LA TARDE

Ahí vas la poesía de hoy

Visitación
Como un fulgor que o invade todo
sen pensalo e sen medir os esforzos
no teu corazón xa desbordaba
a Graza e o amor que proceden do ceo.
Co mandil do traballo e un atado
calzaches as zocas da peregrina
que sae á casa do Señor.
No teu corazón o amor,
na mente a ilusión,
nas mans o esforzo,
na boca unha canción
que brota do corazón
pois en ti está o Señor.
Chegas á casa de Sabela
chamas con doce voz.
“Como é que ven a min
a Nai do meu Señor?”
Abrazo de vida, abrazo servidor
abrazo e canto
de quen leva ao Señor.

Así chamados somos nós
a sermos diante dos irmáns,
levar o corazón san
cheo da graza e do amor
porse diante dos demais
servos como o Servidor.


Feliz domingo
Feliz día da Nosa Señora de Fátima
Xabier Alonso
Franqueira, Prado, Lamosa
13/05/2018