domingo, 22 de abril de 2018

BO PASTOR




Hoxe, domingo do Bo Pastor, quero poñer a miña oración aos irmáns consagrados. Os sacerdotes que viviron cada día configurados no sentir, no pensar, no facer, no vivir a Cristo. Sacerdotes, pastores, entregados, xenerosos, que non puxeron lindes á doazón da vida. Pastores que coñeceron a cada un dos seus, no nome, e tamén na alma. Que choraron nas dificultades, que disfrutaron da amizade, que se preocuparon cos problemas, que se ilusionaron coas esperanzas. 
Hoxe, día de oración polas vocacións consagradas e vocacións nativas, convídovos a rezar polos sacerdotes e polos xoves. Polos que están chamados a vivir esta aventura de vida.
Cristo Bo Pastor guíanos.
Nosa Señora da Franqueira, nai dos sacerdotes, axúdanos.

Feliz domingo
Xabier Alonso
22/04/2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario