sábado, 31 de marzo de 2018

VIDA




Na escuridade do sepulcro amence unha nova xeira. Abertos ao futuro polo Deus derrotado, emerxendo coa humanidade no abrente dunha nova creación. 
Cristo Crucificado Resucitado, manancial de vida, videira na que xermolamos para a vendima da ledicia.
Cristo Pan partido, viño entregado, Eucaristía da mesa dos resucitados.
Cristo, xardineiro do paraíso, sementador de esperanzas nunha palabra de vida.
Cristo Resucitado alento de comunión no que desaparecen as xenreiras.
Cristo, Vida nosa.
Xabier Alonso
A Franqueira


No hay comentarios:

Publicar un comentario