miércoles, 27 de septiembre de 2017

FESTAS DO ROSARIO EN PRADO DA CANDA





FESTIVIDADE DA NOSA SEÑORA DO ROSARIO EN PRADO DA CANDA

A covelense parroquia de Prado da Canda, cuxa igrexa dista a escasos 3 quilómetros do Santuario da Franqueira, celebra na vindeira fin de semana a festividade en Honor da Virxe do Rosario. Estas celebracións teñen dúas peculiaridades: a danza que no seu honor realiza a mocidade da parroquia e a veneración das reliquias da enciñeira das aparicións da Virxe en Fátima coas dos santos Francisco e Xacinta Marto, recentemente canonizados polo Papa Francisco.

As danzas son realizadas por catro parellas de mozos e mozas levados nos seus distintos momentos por un guía. Unha longa e vistosa danza que se realiza na fin da procesión o sábado pola tarde e o domingo pola mañá. Este tesouro foi gardado celosamente polas distintas xeracións que foron transmitindo de xeración en xeración, facendo dela, expresión de amor á Virxe María. A música, realizada maxistralmente polo grupo dos Folieiros de Lavadores, marca un ritmo que os danzantes van acompañando coas castañolas e facendo distintos pasos nos que, con maestría, rematan axeonllados aos pes da imaxe da Virxe.

As reliquias foron agasalladas á parroquia hai máis de 20 anos. Expostas durante a novena son veneradas nos días solemnes das festas. Este ano teñen unha centralidade moi especial ao conmemorarse o centenario das aparicións da Virxe en Fátima.

A procesión terá, asemade da imaxe da Virxe, a de Santo Domingo, bendicida polo Sr. Bispo na Romaría das Pascuillas na Franqueira o pasado mes de xuño



Os horarios da festividade son os seguintes:
Sábado 30 de setembro
6 da tarde: Rosario, Novena, Misa Solemne en Honor da Virxe, Procesión e Danzas
Domingo, 1 de outubro
12 da mañá: Misa Solemne en Honor da Virxe, Procesión e Danzas
O día 7 de outubro

12 da mañá: Misa Solemne en Honor da Virxe e Procesión

No hay comentarios:

Publicar un comentario