sábado, 12 de noviembre de 2016

AS CONTAS DA IGREXA



Cando chega ao seu fin o ano natural moitas empresas, institucións e servizos fan as súas contas, presentan resultado de ingresos e gastos do ano pasado, previsións e presuposto do vindeiro ano. Así, a pesares dun tempo de crise, non deixa de sorprender os números. O día da Igrexa Diocesana, coa súa colecta, pero sobre todo, coa toma de conciencia da nosa pertenza á Igrexa, tanmén fai o seu balance. Nas fotos que acompañan este artículo podes ver este balance. Pode resultar que son uns números elebados, pero non son así. A realidade da nosa Igrexa diocesana é que andamos ao día, como calquer familia. Máis aínda, convén fixarse ben no esforzo que facemos os cristiáns en facer chegar a nsa axuda solidaria aos que peor o pasan neste tempo difícil.
Pero permíteme unha comparativa.
Eu non son un siareiro do fútbol, teño que recoñecer que nunca fun a un partido de fútbol de primeira nin de segunda división. Pero, estes días, están a sair os datos do presuposto do equipo de fútbol da cidade de Vigo, o R.C. Celta. Segçun os medios estamos falando de en torno a uns 70 millóns de €uos. ¡Miña naiciña!, e anosa diocese está en 9 millóns. Soio unha pequena reflexión.
O fútbol é un deporte, pero tamén un negocio, e o seu obxectivo, como se ve é acadar beneficios, pois según comentan gañou 10 millóns neste ano, o que é máis de todo o presuposto da nosa diocese.
Hai moitos afecionados ao fútbol e seguidores do equipo, pero non todo van ao partido, pero os que van teñen que pagar. Hai moitos bautizados na nosa diocese, creo que alúns máis que os do Celta, somos 500.000 persoas, non todos van a Misa o domingo, pero a ninguén se lle nega a entrada. Máis aínda, por ser bautizado eres quen de dereirtos e tamén de deberes. Entre moitos deses están, dentro das normas, a recibir os sacramentos, a participar nas actividades, a facer partícipes delas á familia, a recibir unha axeitada formación, a recibila tamén os teus fillos, a que calquera que necesite axuda poida chamar ás portas da Igrexa. Isto sen pasar factura, senón, desde a gratuidade ou a esmola que se entrega voluntariamente e os que poidan. A Igrexa diocesna, como reza o cartel deste ano, é unha familia, non unha empresa como pensan algúns. Se fora isto último sería unha empresa bastante ruinosa. Non sei cantas sedes ten o Celta para as súas actividades, pero non creo que cheguen a unha mínima parte dos que ten a Diocese, abertos a todos e invitados todos: templos, locais parroquiais, centros de caridade, asistenciais, e asemade os que pertencen a comunidades relixiosas colexios, hospitais, comedores, residencias, centros sociais... non son para ter un patrimonio, senón para un mellor servicio. A Igrexa custodia tamén a herdanza cultural e artística de séculos como un servicio á sociedade para unha mellor transmisión da nosa identidade cultural.
Eu nunca gastei un peso en ir ao futbol, pero, despois do dito, cansan determinadas posturas sobre a Igrexa as que é preferible amosar o que somos, sen ruborizarnos e con moita misericordia. 
Neste domingo, día da Igrexa diocesana colabora coa túa parroquia e coa diocese.
Unha aperta a todos e feliz día
Xabier Alonso
A Franqueira
12-11-16









No hay comentarios:

Publicar un comentario