sábado, 9 de julio de 2016

SAMARITANO, XUSTIZA E LEI



Lucas 10,25-37

1.- Ante o texto do "Bo samaritano" tancoñecido por todos xurde en min esta cuestión, Xustiza e Lei. Algo parello que está moi presente no mundo. Xuztiza que se raclama en moitas ocasión, e, que desgraciadamente, moitos non acadan. Xustiza á que moitos non teñen dereito, e outros converten unha morea de "novos dereitos" en reclamos de xustiza. Lémbranos o Papa Francisco na Bula de convocatoria do Xibileo, que " a xustiza é entendida como a observancia íntegra da Lei y como o coportamento de todo bo israelita conforme aos mandamentos dados por Deus". Ben, chegados a este punto, póñome a pensar nos que decoñecen a lei de Deus, pero, máis aínda, os que non descubren a lei inscrita no corazón e viven ao marxe da "legalidade" de facer o ben como esencia mesma do ser humano. Vexo como os que teñen menos son os que mellor descubren esa lei, porque o seu corazón non está agarrado aos materialismos. ¿Qué é polo tanto están na lei, e, que é estar ao marxe da lei?

2.- Xesús ponnos como exemplo do cumprimento da Lei procedente de Deus a un fora da lei, un samaritano. Esta parábola sitúanos nun ámbito de xenerosidade, de servicio queestá máis cerca do corazón misericordioso de Deus e da súa Lei, que os legalismos xustificadores.

3.- Como me gostaría ter a liberdade do Espírito para vivir na lei da caridade que procede de Cristo!. Pero pasar de largo é o máis doado, dar un rodeo, ver para outro sitio resulta fácil. 
Bos samaritanos estamos chamados a ser, 
cando vexamos a dor, 
non vaiamos a correr, 
que o amor do Señor
nunca podemos esquecer.

Lembrade que o vindeiro luns, festividade de San Bieito, a recaudación dos ovos que se lle ofrecen serán entregados, como na última ocasión, para o comedor da Esperanza de Vigo que cada día da de comer a máis de 130 persoas da rúa. Moitas grazas.

Feliz domingo
Xabier Alonso
A Franqueira
10-07-16

No hay comentarios:

Publicar un comentario