miércoles, 25 de marzo de 2015

OBRAS PARA AS PASCUILLAS





OBRAS PREPARANDO AS PASCUILLAS


¿PODEMOS CONTAR CONTIGO?


O Santuario da Nosa Señora da Franqueira comezou as obras de acondicionamento do lugar onde se celebra a Romaría das Pascuillas.


Estas obras iniciais consisten na explanación do terreo e preparación da zona do altar da celebración da Santa Misa e do espazo onde se coloca a carpa.


Queremos cada ano poidamos ir mellorando este lugar onde máis de 50 parroquias da comarca, milleiros de fieis da Diocese e de toda Galicia, romeiros e peregrinos, poidamos celebrar a nosa fe e honrar á Nosa Señora da Franqueira.


O presuposto desta obra está nos 7.000 € que os asume o Santuario, como propietario do lugar e para ir mellorando as instalacións de uso pastoral do mesmo.


É un traballo lento, pero necesario, para que o día das Pascuillas todos poidamos participar con maior comodidade na Celebración da Santa Misa, as imaxes estean máis visibles, o espazo sexa maior, e, co paso do tempo poidamos difrutar dun espazo natural axardiñado e elegante.


Todo isto é na Honra da Virxe da Franqueira e coma homenaxe ós seus moitos devotos. Sabemos que nestes tempos difíciles teremos que ir como poidamos, pero confiamos na xenerosidade da xente e do agradecemento á Virxe da Franqueira polo moito que nos axuda na vida.


Pedimos a túa axuda e colaboración para facer posible este proxecto.


Axúdanos co teu donativo


Cada día iremos dando información do traballo.





Moitas grazas

No hay comentarios:

Publicar un comentario