viernes, 21 de noviembre de 2014

UN AGASALLO SOLIDARIO

O DISCO SOLIDARIO DA FRANQUEIRA


"Gaude, María Virgo". Ese é o título do disco publicado a finais de setembro e que recolle un elenco de pezas, desde o canto gregoriano ata o século XVIII, dedicadas á Virxe María. É unha obra impresionante realizada de forma maxistral polo coro Vox Stellae, e que, é unha auténtica xoia.

Este disco, que so custa 9€, é ademáis un traballo realizado con un carácter solidario. A súa venda é para recaudar fondos para Cáritas interparroquial "Nosa señora da Franqueira", que como ben sabedes, está a realizar nos seus comezos un labor solidario en toda a comarca da Paradanta. 

Á hora de facer o proxecto de compras para o nadal pensemos nesta oportunidade que vos brindamos, por varias razóns:

1.- É unha homenaxe á Virxe da Franqueira, así, a última peza que interpretan é o Himno "Divina Fuente de Gracias" do afamado compositor pontareán Rogelio Groba. Himno que se compuxo para a Coroación a Virxe da Franqueira hai 50 anos, e que, sería loable ser coñecido por todos os seus devotos.

2.- Porque é unha aportación artítica deste coro composto por xóvenes de Galicia e que nos amosan o arte que se está a desenvolver na nosa terra.

3.- Porque é unha recopilación, algunhas delas, de pezas únicas que nunca se grabaron, polo que o pusuidor terá unha obra mestra da música clásica relixiosa.

4.- Porque é un bo complemento para a oración dedicada á Nosa Señora da Franqueira. Dedicar un tempo a escoitar estes temas axuda á oración, eleva a alma e enche de ledicia.

5.- Porque pode ser un bo agasallo as persoas que coñecemos e que aman á Virxe da Franqueira.

6.- Pero sobre todo, PORQUE É UNHA FORMA MOI SINXELA, E BEN BARATA, DE AXUDAR A CÁRITAS NO SEU LABOR COS MÁIS DESFAVORECIDOS.


Podes adquirilo no Santuario da Franqueira ou na LIBRERÍA D. BOSCO, NA RÚA VENEZUELA DE VIGO


No hay comentarios:

Publicar un comentario