sábado, 1 de noviembre de 2014

CADEA DE ORACIÓN: NOVEMBRO 2014

CADEA DE ORACIÓN, NOVEMBRO


Cada mes, desde hai case 3 anos,  o Santuario da Nosa Señora da Franqueira ofrece a posibilidade de unirse nunha cadea de oración polas intencións da Igrexa, do Papa, da nosa Diocese e das intencións dos devotos da Virxe da Franqueira. É a oportunidade de establecer un vínculo de oración desde os diversos lugares do mundo onde se atopen os devotos da Nosa Señora.
Pedimos, de xeito moi especial, a vosa oración polos enfermos. Así, no esquema, podedes ver unha oración de intercesión polas persoas enfermas poñendo incluso no pensamento e no corazón os seus nomes.

Se alguén necesita que recemos polas súas intecións que n-lo faga chegar a través do correo electrónico info@afranqueira.org , ou no facebook, estaremos encantados de servirlles.

Descarga o esquema e reza con todos nós á Virxe da Franqueira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario