jueves, 27 de noviembre de 2014

A VIRXE DA FRANQUEIRA EN BOS AIRES (ARXENTINA)



Cando Pilar Troncoso entrou na igrexa da Franqueira e contemplou a fotografía que colga no altar só dixco: "Este cadro está en Bos Aires, eu vinno". 
Xa tiñamos noticia deste grandioso cadro da Procesión da Virxe da Franqueira pintado nos anos 30 do século pasado polo gran pintor ferrolán  Sotomayor. É unha pintura sobre lenzo, de case catro metros cadrados, que se atopa no salón noble do Centro Galego de Bos Aires. Temos unha pequena reproducción sacada de internet e agasallo do anterior alcalde da Cañiza, D. César Mera, e unha pequena recopilación da súa historia.
O motivo de sacar á luz este cadro é porque Manuel Severino, asíduo ó Santuario, fixo nestas semanas pasadas unha viaxe a Arxentina. Aproveitando este periplo encargueille que fora a contemplar esta magnífica obra, e que, a fotografiara. Ademáis enviamos para a Biblioteca o Centro Galego unha extensa bibliografía para que estivese como testemuña histórica deste santuario nas terras americanas.
O Sr. Sotomayor, que foi, non so un gran pintor do estilo de Soroya, e gran costumbrista, senón que, tamén chegou a ser director do Museo do Prado. Hospedouse no Balneario de Mondariz, non porque viñese a tomar a augas, senón, como escribiu no libro de honor, por peregrinar á Franqueira e "pedir perdón polos seus pecados artísticos", e marchou coa promesa de pintarlle un cadro á Nosa Señora da Fonte da Franqueira. Pronto se puso á obra pois pouco tempo despois atopamos este cadro xa nunha exposición en Bos Aires, onde uns socios do Centro Galego o mercaron e llo entregaron ao mesmo Centro para ocupar o lugar solemne no que se atopa.
O famoso cadro representa a saída en procesión da Virxe, destacan os dous bois que ocupan gran parte do centro, e a imaxe, como antigamente saía cos ropaxes ó estilo monxil daquela época. 
Rodean a escea diversos personaxes e detalles:

Desde a Virxe, seguindo á dereita as agullas do reloxo vemos un pequeno retabliño en pedra. Estes eran dous petos, un das ánimas e outro da Virxe, que enmarcaban a cancela de entrada do porche que cubría a entrada do templo. Estes foron retirados hai moitísimos anos.

Ó caron vese unha muller cun pequeno cadaleito, pois como ben saben, os ofrecidos por salvarse dunha enfermidade mortal traían un cadaleito e mortalla. Así decía unha cantiga: 

Virxe da Franqueira
estrela do norte

aquí che traemos 
a quen estivo na morte.

Diante dos animais está o guía coa vara levantada, e éstos, os bois, engalanados con flores na súa cabeza. Antigamente recubríanse totalmente con mantas adornadas, a imaxe de como se fai actualmente, pero o autor, penso que non quería que quedasen os bois tan disimulados na escea.

No extremo inferior dereito están os músicos: o gaiteiro no centro e a un lado o que toca o baixo e suponse que do outro lado o bombo.

Catro mulleres están no lado inferior esquerdo, vestidos coas mellores galas, e moi típicas na pintura de Sotomayor. A do centro, que parece que nos está vendo e na súa mirada nos transmite como os motivos polos que vai en procesión, acompañada polas dúas nenas, e cun sembrante de agradecemento e devoción.

Xusto detrás o sacerdote con capa pluvial da procesión e as mans en actitude de oración, e ó seu carón un ofrecido, co hábito, unha vela na man e unha coroa de frores na cabeza.

Se se fixan ben, so o gaiteiro ten a boca entreaberta, collendo aire para manter o fol da gaita para soar, e o resto teñen a boca pechada, o que da a toda a escea unha dimensión de auténtica trascendencia como indicando a solemnidade e respecto con que vai transcurrindo o momento.

A vivexa dos colores e o naturalismo trasládanos a aqueles anos de comezos do século pasado.

Espero en breve que poidamos poñer unha das copias que nos facilitou Manuel enmarcada nun lugar da igexa.



No hay comentarios:

Publicar un comentario