miércoles, 26 de noviembre de 2014

A MIÑA ALMA TEN SEDE DE TI





Na peregrinación da vida estamos ás veces cansos do camiño. As augas vivas das fontes, manaciais nos que saciamos a sede, danos novos folgos para continuar.
Hoxe poño á vosa vista estas imaxes da fonte antiga da Franqueira. É unha sinxela e fermosa construcción, difícil de datar, e que é o testemuño en pedra da devoción á Virxe da Fonte da Franqueira, nome antigo e que pervive, da Nosa Señora da Franqueira. Está colocado ós pes da antiga ermida, actualmente o vello cemiterio, e que constitúen nun so elemento, os vestixios máis antigos da presencia devocional neste santuario. 
Pero máis alá do que son os elemntos históricos, estamos ante o símbolo mesmo da nosa vida de fe. Volvo a repetir, como peregrinos da vida necesitamos saciar a nosa sede de camiñantes. 
Hoxe podería ser un bo día par achegarte á igrexa, entrar, e facer ese xesto sinxelo de mollar os dedos na auga bendita e repetir o nome de Deus: Pai, Fillo e Espírito Santo. Ou tamén, achegarte á auga viva dun manancial, poñer as mans en forma de cóncava e beber, despacio, pensando cómo a Gracias de Deus te fai recuperar a frescura e a limpeza da vida recibida de Deus.
A auga,que sacia, refresca, limpa, rexenera, a auga... a vida.

Permíteme nesta pequena intromisión na túa vida repetir as verbas do Papa Francisco na fin da "Evangelii gaudium"
Nai do Evanxeo vivente,
manacial de ledicia para os pequenos,
roga por nós.

Presentémosllo hoxe á Virxe da Franqueira

No hay comentarios:

Publicar un comentario