domingo, 30 de noviembre de 2014

ADVIENTO: VIGILA

A Franqueira en la aurora de este domingo




Como un faro de luz que se extiende hacia el infinito, así, la torre del santuario van lanzando el haz de luz en medio de la noche marcando el rumbo de la fe de los peregrinos. Vigía siempre atenta para defender a sus hijos de las tinieblas y de la noche es María, icono, imagen bellísima de la Iglesia que está alerta para la llegada del Señor. Así rotas por las primeras luces resuenan en el cielo los cantos de los pájaros que anuncian el nuevo día. 

De luz nueva se viste la tierra,
porque el Sol que del cielo ha venido
en el seno feliz de la Virgen
de su carne se ha revestido.

Comienza este domingo el tiempo del Adviento, y acogiendo en nosotros la Palabra, escuchamos como un mandato urgente e imperativo: velad, estad atentos. Así, no os despistéis, estad siempre alerta, no por temor, sino para recibir bien dispuestos al que llega con poder. El gran poder de ser el Señor de todo y hacerse nada, anonadarse; de ser el dueño de todo, y hacerse pobre, empobrecerse; de ser el que todo lo puede, y hacerse frágil, debilitarse; esto sí que es poder. Por eso necesitamos estar en vela.

Traigo a esta pequeña reflexión la torre de la iglesia de A Franqueira, con esta luz en su interior, en medio de la noche, es faro de fe para todos, y nos recuerda que para poder vigilar, observar, velar, hay que subirse a lo alto, y soportar el frío, la soledad, la noche. Adéntrate en el Adviento como centinela en la noche para esperar el nuevo día.

Feliz domingo

sábado, 29 de noviembre de 2014

O TEMPO, AI, O TEMPO

Novo calendario para o vindeiro ano 2015 coa imaxe da Virxe da Franqueira no seu carro procesional


O Santuario da Nosa Señora da Franqueira pon a disposición dos seus fegreses o calendario do próximo ano. Esta vez a foto da portada é a imaxe da Virxe portada no seu carro procesional coas vacas e no fondo o pórtico románico o templo.
Permítanme á luz desta imaxe varias raflexións que quero compartir convosco:

1.- Quixemos unificar este ano a imaxe do calendario parroquial coa estampa que se imprimirá para as Romarías, que ademáis terá a oración do Papa Francisco da carta Evangelii gaudium sobre a evanxelización.

2.- Unha fotografía que quere ser unha merecida homenaxe a quen cada ano, desde hai moitos, está a fecr un dos servizos á Virxe, como ter os animais que portan a súa imaxe nas procesións.

3.- Unir nesta foto unha lembraza do pasado co presente. Hai algunhas fotos antigas que recollen esta mesma escea, pois este ano quixemos facer unha actualización do que recollían aqueles antigos fotógrafos.

4.- Poñer de manifesto a fermosura da portada que destaca detrás e que será, ó longo deste ano, unha fas fontes de reflexión e oración para o tema pastoral. Ahí están moitos dos motivos da nosa alegría e unha chamada á conversión.

5.- Agradecer ás persoas que fixeron posible esta fotografía, Mauricio, Domingo, Loly, Sita e Pepe, e sobre todo o fotógrafo, Paco, que se desvelou para que todo saíse ben.

Podedes recoller o calendario no Santuario nos horarios habituais de celebración. Sabedes que non se pide nada por el, pero non está de máis, facer algún xesto de doazón, non so ó santuario, senón, tamén neste tempo do Nadal a Cáritas inetrparroquial con alimentos non perecedeiros e postres de Nadal.

E desde aquí unha última cousa: Quedan moitos meses por diante, tedes as datas máis importantes do calendario de festividades na Franqueira, pero tamén podedes buscar a programación do curso no enlace que vos engado

e ir anotando no calendario de parede, ou nas axendas os nosos compromisos na Franqueira.Non nos agobiemos, pero aproveitemos o tempo ben e con agradecemento en todo ó Señor.
Temos tempo para todo, pero necesitamos organizarnos, priorizar e ter boa disposición. 





viernes, 28 de noviembre de 2014

LA CRUZ DEL PEREGRINO






"El que quiera ser discípulo mío que cargue con su cruz y que me siga"
Estas son las palabras que recuerdo cada vez que cruzo este pequeño atrio y contemplo la cruz erguida entre dos árboles. Esta cruz, recuerdo de la celebración delos 40 años de la coronación de la Virgen, está en el centro, poniendo frente a frente a cada uno de los peregrinos ante la cruz. Tantos y tantas, que después de larga peregrinación descansan junto a ésta representación pétrea de la pasión. Como buscando, no solo la sombre de los dos árboles, ahora desnudos, sino también, la sombre santificadora de la Cruz de Cristo. Y es que el camino del peregrino, como el de la vida, está llena de cruces, unas más grandes y pesadas, y otras más sutiles, pero igual de dolorosas y que dejan secuelas. Pero cruces que van marcando la ruta de nuestra historia con pequeños jalones de santificación, cruces que nos unen a los que las sufren a causa de los demás, de las injusticias y los desalmes de los grandes.
Peregrino da Franqueira, al contemplar la cruz de tu Salvador deja a sus pies tus cargas y cansancios, pues este es el surtidor de la santidad. En el reverso de la cruz está la Madre, la Mujer nueva, la llena de fe, que permanece. Así, junto a ella, también nosotros permanezcamos junto al hermano que sufre, llevándole consuelo y amor.

jueves, 27 de noviembre de 2014

A VIRXE DA FRANQUEIRA EN BOS AIRES (ARXENTINA)



Cando Pilar Troncoso entrou na igrexa da Franqueira e contemplou a fotografía que colga no altar só dixco: "Este cadro está en Bos Aires, eu vinno". 
Xa tiñamos noticia deste grandioso cadro da Procesión da Virxe da Franqueira pintado nos anos 30 do século pasado polo gran pintor ferrolán  Sotomayor. É unha pintura sobre lenzo, de case catro metros cadrados, que se atopa no salón noble do Centro Galego de Bos Aires. Temos unha pequena reproducción sacada de internet e agasallo do anterior alcalde da Cañiza, D. César Mera, e unha pequena recopilación da súa historia.
O motivo de sacar á luz este cadro é porque Manuel Severino, asíduo ó Santuario, fixo nestas semanas pasadas unha viaxe a Arxentina. Aproveitando este periplo encargueille que fora a contemplar esta magnífica obra, e que, a fotografiara. Ademáis enviamos para a Biblioteca o Centro Galego unha extensa bibliografía para que estivese como testemuña histórica deste santuario nas terras americanas.
O Sr. Sotomayor, que foi, non so un gran pintor do estilo de Soroya, e gran costumbrista, senón que, tamén chegou a ser director do Museo do Prado. Hospedouse no Balneario de Mondariz, non porque viñese a tomar a augas, senón, como escribiu no libro de honor, por peregrinar á Franqueira e "pedir perdón polos seus pecados artísticos", e marchou coa promesa de pintarlle un cadro á Nosa Señora da Fonte da Franqueira. Pronto se puso á obra pois pouco tempo despois atopamos este cadro xa nunha exposición en Bos Aires, onde uns socios do Centro Galego o mercaron e llo entregaron ao mesmo Centro para ocupar o lugar solemne no que se atopa.
O famoso cadro representa a saída en procesión da Virxe, destacan os dous bois que ocupan gran parte do centro, e a imaxe, como antigamente saía cos ropaxes ó estilo monxil daquela época. 
Rodean a escea diversos personaxes e detalles:

Desde a Virxe, seguindo á dereita as agullas do reloxo vemos un pequeno retabliño en pedra. Estes eran dous petos, un das ánimas e outro da Virxe, que enmarcaban a cancela de entrada do porche que cubría a entrada do templo. Estes foron retirados hai moitísimos anos.

Ó caron vese unha muller cun pequeno cadaleito, pois como ben saben, os ofrecidos por salvarse dunha enfermidade mortal traían un cadaleito e mortalla. Así decía unha cantiga: 

Virxe da Franqueira
estrela do norte

aquí che traemos 
a quen estivo na morte.

Diante dos animais está o guía coa vara levantada, e éstos, os bois, engalanados con flores na súa cabeza. Antigamente recubríanse totalmente con mantas adornadas, a imaxe de como se fai actualmente, pero o autor, penso que non quería que quedasen os bois tan disimulados na escea.

No extremo inferior dereito están os músicos: o gaiteiro no centro e a un lado o que toca o baixo e suponse que do outro lado o bombo.

Catro mulleres están no lado inferior esquerdo, vestidos coas mellores galas, e moi típicas na pintura de Sotomayor. A do centro, que parece que nos está vendo e na súa mirada nos transmite como os motivos polos que vai en procesión, acompañada polas dúas nenas, e cun sembrante de agradecemento e devoción.

Xusto detrás o sacerdote con capa pluvial da procesión e as mans en actitude de oración, e ó seu carón un ofrecido, co hábito, unha vela na man e unha coroa de frores na cabeza.

Se se fixan ben, so o gaiteiro ten a boca entreaberta, collendo aire para manter o fol da gaita para soar, e o resto teñen a boca pechada, o que da a toda a escea unha dimensión de auténtica trascendencia como indicando a solemnidade e respecto con que vai transcurrindo o momento.

A vivexa dos colores e o naturalismo trasládanos a aqueles anos de comezos do século pasado.

Espero en breve que poidamos poñer unha das copias que nos facilitou Manuel enmarcada nun lugar da igexa.



miércoles, 26 de noviembre de 2014

A MIÑA ALMA TEN SEDE DE TI





Na peregrinación da vida estamos ás veces cansos do camiño. As augas vivas das fontes, manaciais nos que saciamos a sede, danos novos folgos para continuar.
Hoxe poño á vosa vista estas imaxes da fonte antiga da Franqueira. É unha sinxela e fermosa construcción, difícil de datar, e que é o testemuño en pedra da devoción á Virxe da Fonte da Franqueira, nome antigo e que pervive, da Nosa Señora da Franqueira. Está colocado ós pes da antiga ermida, actualmente o vello cemiterio, e que constitúen nun so elemento, os vestixios máis antigos da presencia devocional neste santuario. 
Pero máis alá do que son os elemntos históricos, estamos ante o símbolo mesmo da nosa vida de fe. Volvo a repetir, como peregrinos da vida necesitamos saciar a nosa sede de camiñantes. 
Hoxe podería ser un bo día par achegarte á igrexa, entrar, e facer ese xesto sinxelo de mollar os dedos na auga bendita e repetir o nome de Deus: Pai, Fillo e Espírito Santo. Ou tamén, achegarte á auga viva dun manancial, poñer as mans en forma de cóncava e beber, despacio, pensando cómo a Gracias de Deus te fai recuperar a frescura e a limpeza da vida recibida de Deus.
A auga,que sacia, refresca, limpa, rexenera, a auga... a vida.

Permíteme nesta pequena intromisión na túa vida repetir as verbas do Papa Francisco na fin da "Evangelii gaudium"
Nai do Evanxeo vivente,
manacial de ledicia para os pequenos,
roga por nós.

Presentémosllo hoxe á Virxe da Franqueira

lunes, 24 de noviembre de 2014

ADVIENTO: QUE LAS NUBES LLUEVAN AL JUSTO

A Paradanta con su "boina" de nubes en el otoño.
La desnudez de los árboles, anuncio de un invierno en el que nacerá el Sol de Justicia: Cristo




Hoy el día amaneció claro pero con esa niebla que surge desde la montaña. El viento frío traía un anuncio de sol, pero de aire que llenaba los pulmones una limpieza desigual. Un día en que contemplando las montañas puedes observar un otoño que presagia la llegada del invierno. Y ahora va a dar comienzo el tiempo de la esperanza, el adviento.
Resuena ya con su estribillo fuerte, sereno, el canto de la esperanza: 

"Que las nubes llevan al Justo,
que la tierra brote al Salvador,
que nos ilumine el Sol de la Justicia,
VEN PRONTO SEÑOR".


Esas nubes que contemplo no son de lluvia, pero si uno se deja estar en ellas, acaba empapado. Así es la llegada del salvador el que esperamos, suave, sereno, dócil, constante, que como el "rocío de la mañana que desciende y empapa la tierra, así la Palabra, no vuelve sin antes nutrir la tierra".

En la sequedad de nuestra existencia es la Palabra que durante este Adviento vamos escuchando y que anuncia la llegada de la Palabra echa carne. Así te necesito Señor, así te esperamos, en la caída de nuestra verdor y de nuestra vida, en que nosotros hace el que creamos nuestras victorias fugaces de la bonanza, ahora descubrimos en la desnudez provocada por la tremenda tempestad de la vida, que solo tú nos traes la vida que no desfallece.

No esperamos algo, ni siquiera la memoria de un acontecimiento antiguo, sino, la novedad de ALGUIEN, que siendo el toda, se hace nada. Y yo, y todos nosotros, en el esplendor de nuestras cosas, nos lo creemos ser todo, pero despojado de lo que nos mal adorna, somos nada. Pero no es tiempo de desolación, sino, de realismo, en el interior de la apariencia de estos árboles secos, está el vigor de la sabia que sigue manteniendo la vida.

Para acoger al Salvador dejemos despojarnos, y así, desnudos de nuestras "virtudes" El nos dará la vida que nace con el que nace en la pobreza. No es fácil desprenderse de lo que creemos que nos da seguridad, pero el que nace en la fragilidad, es el que nos va a hacer criaturas nuevas.




sábado, 22 de noviembre de 2014

CAMPAÑA DE CARITAS NA FRANQUEIRA


NADAL 2014

RECOLLIDA DE ALIMENTOS
NECESITAMOS:

Alimentos non perecedeiros:
aceite, leite, conservas, azúcar, arroz, lentellas, garbanzos, pastas, galletas, cacao.
Postres de nadal:
turrón, golosinas para os nenos, fruta en converva.

Productos de limpeza e hixiende persoal:


deterxente, xabón, pasta de dentes, champú.

Xoguetes para os nenos



SORTEO DUNHA CESTA DE NADAL
Precio da rifa: 0,50 €



Moitas grazas e Bo Nadal

PROGRAMACION DO MES DE DECEMBRO

ADVENTO E NADAL NA FRANQUEIRA

ADVENTO: FACER CAMIÑO
Este mes de decembro métenos de cheo na celebración do Advento, tempo de preparación para o Nadal. Son catro domingos intensos nos que imos escoitar a voz des profetas, especialmente a Xoan Bautista, a que preparemos os camiños do Señor. Que é un camiño?, un lugar de paso. Pero para facelo, temos que deseñalo, saber onde queremos chegar, superar as barreiras e explanar as fochancas. Isto é o Advento. Catro domingos, nos que, a escoita da Palabra, a oración e a vida da caridade, nos unirán máis ó señor que ven onda nós na pobreza de Belén.
CAMPAÑA DE NADAL
Animamos a todos a participar nesta actividade propia deste tempo, pero sobre todo, propia da nosa vida cristiá. Durante este mes recolleremos na igrexa alimentos imperecedeiros: aceite, leite, azucre, conservas, pasta, arroz, lentellas, garbanzos... postres de Nadal... xoguetes para nenos.
Tamén podedes participar comprando unha rifa, por so 0,50€, para unha cesta do nadal, e que axudará a recadar fondos para Cáritas.

O DISCO SOLIDARIO
Lembramos que a compra do disco “Gaude, María Virgo”, axuda a financiar as obras de caridade do grupo de cáritas interparroquial. Por so 9€ facemos un bo labor e podemos facer un mellor agasallo de reis.
CALENDARIO PARA O MES DE DECEMBRO.
1. Dedicación da Santa Igrexa Catedral de Tui
Este é unha festividade particular da nosa diocese, lembramos a consagración do templo máis importante da nosa Igrexa, a Catedral de Tui. A Igrexa nai onde todos estamos chamados a ver un símbolo da nosa comuñón da familia dos crentes, que como os nosos fogares, nos acollen, nos coidan, nos agariman e nos dan ánimo. Así, a Igrexa, coas portas abertas para acoller ós seus fillos nos axuda a comprender un pouquiño máis o que é ser familia dos fillos de Deus.
4: Santa Bárbara.
Unha santa mártir a quen encomendamos a nosa protección nas tormentas. Creo que non so as da natureza, senón tamén, as do noso interior. ¡Cantas veces nos sentimos turbados na nosa alma!. Pidamos a Santa Bárbara que nos axude a ter o corazón luminoso e cheo de vida.
Os horarios son os seguintes:
A lamosa: 1 da mañá
Prado da canda: 11 da mañá
A Franqueira: 6 da tarde
8: A Inmaculada Concepción da Virxe María
É unha das celebracións máis entrañables do calendario da Virxe María. Celebramos a súa Concepción, na que Deus, preservouna de toda mancha de pecado, para comezar a súa obra marabillosa da Salvación.
Neste día os horarios son os seguintes
Prado da Canda: 10 da mañá
A Lamosa: 11 da mañá
A Franqueira: 12 da mañá e 5 da tarde
Como é costume este día celebramos a convivencia dos peregrinos que durante este últimos anos temos ido ao Santuario de Lourdes. Así, despois da Misa das 12, teremos o xantar no restaurante O Castelo, previa inscripción. Este ano, ademías, temso algunhas sorpresas.

13: Santa Lucía.
Pidamos a esta xove mártir, tan venerada, que nos abra os ollos do corazón para ver coa luz da fe a presencia do Señor.
Teremos as celebracións ás seguintes horas
A Lamosa: 10 da mañá
Prado da Canda: 11 da mañá
A Franqueira: 6 da tarde

20: PEREGRINACIÓN DA ESPERANZA
Desde hai unhas semanas o grupo de catequistas ven de preparar esta peregrinación pensada especialmente para a xente máis nova. Durante este curso teremos en distintas datas, 4 peregrinacións en concreto, que axudarán a coñecer distintos aspectos da vida cristiá.
A primeira destas peregrinacións será en pleno advento, o sábado 20 de decembro, desde Paraños ata A Franqueira. A patroa da parroquia de Paraños é a Virxe da esperanza, e estado en pleno advento queremos adentrarnos nesta virtude.
Nos reuniremos na igrexa de Paraños ás 3 da tarde para subirmos camiñando ata a Franqueira.

21: Bendición das imaxes do Neno Xesús
O domingo 21, último domingo de advento teremos a bendición das imaxes do neno Xesús que colocaremos nas nosas casas nas próximas festas do Nadal. É o xeito de facer persente a festa familiar na parroquia e a parroquia nas nosas familias.

25: NADAL
So desexarvos a todos un Bo Nadal e que, como os pastores, saiamos ás carreiras á busca do Neno que nace na cova, signo da pobreza na que deus se fai presente.

28: Sagrada Familia



Que boa oportunidade nestas festas tan familiares de renovar o s compromisos matrimoniais e familiares. Acompañados pola Sagrada Familia de Nazaret podemos facer das familias da nosa parroquia igrexas domésticas, onde, fundamentados no amor, se escoite a Palabra, se transmita a fe, se viva a caridade e se predique o Evanxeo da vida.

viernes, 21 de noviembre de 2014

UN AGASALLO SOLIDARIO

O DISCO SOLIDARIO DA FRANQUEIRA


"Gaude, María Virgo". Ese é o título do disco publicado a finais de setembro e que recolle un elenco de pezas, desde o canto gregoriano ata o século XVIII, dedicadas á Virxe María. É unha obra impresionante realizada de forma maxistral polo coro Vox Stellae, e que, é unha auténtica xoia.

Este disco, que so custa 9€, é ademáis un traballo realizado con un carácter solidario. A súa venda é para recaudar fondos para Cáritas interparroquial "Nosa señora da Franqueira", que como ben sabedes, está a realizar nos seus comezos un labor solidario en toda a comarca da Paradanta. 

Á hora de facer o proxecto de compras para o nadal pensemos nesta oportunidade que vos brindamos, por varias razóns:

1.- É unha homenaxe á Virxe da Franqueira, así, a última peza que interpretan é o Himno "Divina Fuente de Gracias" do afamado compositor pontareán Rogelio Groba. Himno que se compuxo para a Coroación a Virxe da Franqueira hai 50 anos, e que, sería loable ser coñecido por todos os seus devotos.

2.- Porque é unha aportación artítica deste coro composto por xóvenes de Galicia e que nos amosan o arte que se está a desenvolver na nosa terra.

3.- Porque é unha recopilación, algunhas delas, de pezas únicas que nunca se grabaron, polo que o pusuidor terá unha obra mestra da música clásica relixiosa.

4.- Porque é un bo complemento para a oración dedicada á Nosa Señora da Franqueira. Dedicar un tempo a escoitar estes temas axuda á oración, eleva a alma e enche de ledicia.

5.- Porque pode ser un bo agasallo as persoas que coñecemos e que aman á Virxe da Franqueira.

6.- Pero sobre todo, PORQUE É UNHA FORMA MOI SINXELA, E BEN BARATA, DE AXUDAR A CÁRITAS NO SEU LABOR COS MÁIS DESFAVORECIDOS.


Podes adquirilo no Santuario da Franqueira ou na LIBRERÍA D. BOSCO, NA RÚA VENEZUELA DE VIGO


jueves, 20 de noviembre de 2014

A minada: REFLEXIÓN PARA O VINDEIRO NADAL

A MINADA


Imos todos a Belén

Este mes de decembro é para moitas familias un tempo extresante, para outras un tempo preocupante, para as últimas un tempo desolador. Pero xa sabedes, “os últimos serán os primeiros”. E que chega o Nadal e a todos nos arranca un anaco de corazón coa tenrura da contemplación dos nosos misterios postos nas igrexas e nos fogares.
A Igrexa, con esa sabedoría que abrolla de 2.000 anos de historia, convídanos a que non perdamos o roteiro da nosa peregrinación na vida. Así, durante catro domingos fainos unha chamada, ou más ben, un berro insistente que penetra nos nosos ouvidos e alcanza o íntimo da nosa alma, e que nos convida a preparar a gruta do noso corazón para recibir ó Salvador, agora, cada día, e na fin dos tempos.
No día de Nadal, somos nós,os que acolleremos o canto dos anxos, que unen o ceo coa terra, para indicarnos o camiño con varias verbas: confianza, alegría, Boa Nova e pobreza. O camiño de Belén témolo que ir debullando con tempo para non perdernos nos escaparates da fermosura transitoria das nosas rúas.
Confianza: “non teñades medo”. Esta é a mensaxe do ceo, a fe en que as promesas son cumpridas polo Señor e que non estamos desamparados, senón que El ven a nós. Como peregrino que se fai na Encarnación non nos abandona, senón que, se amosa na nosa historia.
Alegría: “vimos a anunciar unha gran alegría para todos”. Si, porque temos motivos de abondo para estramos tristes, pero agora é tempo de ledicia, non da que nace das nosas vitorias empeñadas en superarnos para ter máis cos demais, senón, para amármonos uns aos outros.
Boa Nova: Oh! , como é necesario nos desbordamento de malas novas, atopar que non dea unha boa nova. Isto é o que se fai presente no meniño envolto en cueiros e deitado nunha manxadoira. Non a agochemos, senón deámoslle a nova a todos, Deus está connosco, é o “Deus connosco”.
Pobreza. “A Palabra era a luz verdadeira”, esta Palabra, encarnada, ilumina o sentido e o corazón de todos, non unha palabra fugaz e transitoria, senón a Palabra eterna, que permanece e que nos enriquece.
Os pastores foron ás carreiras e viron ó Salvador, e volveron contándolles a todos. Así, unha vez que descubrimos a presencia, temos que volver. O camiño de Belén e de ida e volta, ir aceptando a invitación do ceo e volvendo cos pes na terra. Agora, neste Nadal, fagamos que a cova de Belén, o corazón das xentes, acepte ó Salvador.

O camiño de Belén, fixérono María e Xosé, os pastores, os magos, e ós tamén, temos que facelo cada día.

lunes, 17 de noviembre de 2014

AGASALLOS DE NADAL





HORROR QUE VEN O NADAL
Xa comeza a ser o Nadal nos medios de comunicación, nos escaparates e nas rúas. E nós?
Quen máis e quen menos está a dispoñer xa dun plan de agasallos para o Nadal. Facémolo para non caer no erro de deixalo todo para os ñultimos días, coas presas e o nerviosismo, que ao fin fannos gastar dun xeito desordenado e pouco adecuado ós nosos intereses. Sen querer facer que o advento quede anulado, pero na actualidade o que nos rodea nos desborda e absorve, saber escoller, ter unha opción máis adecuada e nivelar de xeito que vivamos neste advento sabendo prepararnos ven ás chegada do Señor. Desde aquí queremos facer varias propostas:

1.- Facer unha planificación ben axeitada á nosa economía. Saber o que quero gastar e o que podo gastar. Para isto non convén facer as contas da leiteira, e calcular contando con determinados ingresos que posiblemente non entren, ou que se nos escapen.

2.- O bo gusto non significa gastar moito. Desarrollemos unha boa imaxinación, sabendo facer as cousas con elegancia e gusto.

3.- Buscar o máis axeitado para cada un, pero, facendo unha lista de persoas ás que quero agasallar. Ás veces movémonos máis por compromisos que polo corazón e a razón. Hai persoas que o agradecemento terá que ser dunha forma orixinal, sorprendente e nada prevista polo agasallado.

4.- Saber priorizar. Non podemos esquecernos da familia, sobre todo dos que están máis alonxados, ós que non vemos habitualmente, e que o Nadal signifique o comenzo dun compromiso de comezar a visitalos con máis asiduidade.

5.- Facer un bo rato de oración para escoitar a chamada do Señor a non deixarnos esclavizar polo gasto desordenado, o consumismo, ou o quedar ben, senón, o de mellor servir. Sería interesante ler algunha pasaxe da infancia do Señor: Evanxeos de Mateo e Lucas, e contrastar a miña vida descubrindo onde nace a auténtica alegría.

6.- Saber onde vou comprar e organizarme os días. Buscar os comercio que ofrecen bos precios, pero ó mesmo tempo sabendo que vou contribuir á economía familiar. Apoiar ás iniciativas familiares, sabemos que o bo e o artesán ten o seu precio, pero baendo escoller chégase a moito.

7.- Descartar os lugares onde se negocia de xeito inhumano, non por ser máis barato significa máis rentable, e sobre todo se son negocios que escravizan. Necesitamos optar polo xusto, o honrado, o equilibrado, o que beneficia ós que máis necesitan.

8.- En canto aos nenos saber ilusionar pero non deixarse levar polo consumo televisivo. Que bo buscar xogos nos que se implique toda a familia, na que xoguemos todos, pais e fillos. Que fácil resulta dar o agasallo ó pequeno, e veña, que se entreteña e que non moleste a ninguén. O regalo máis bo sería que xogaras con eles e souperas divertirte cos teus fillos. äs veces parece que so queremos facer cousas de "adultos".

9.- Non por quedar á fin é menos importante. No programa poñer un bo apartado á caridade: visita a enfermos e anciáns; colaborar con institucións, non so dando un donativo ou entregando materiais, necesítase voluntariado; preparando e participando e actividades e proxectos para os máis desfavorecidos (ás veces o mellor regalo é noso tempo); regalos solidarios, ás veces hai institucións caritativas que fan venta de regalos para recaudar fondos para as súas actividades, ou para a campaña de Nadal (por exemplo: CARITAS INTERPARROQUIAL NOSA SEÑORA DA FRANQUEIRA TEMOS Á VENTA UN DISCO DEDICADO Á VIRXE DA FRANQUEIRA CO QUE QUEREMOS CONSTRUIR UN LOCAL PARA AS NOSAS ACTIVIDADES. Pode ser un bo regalo de Nadal)

10.- Neste ADVENTO saber agasallar esperanza para aqueles que xa non teñen ganas de celebrar o NADAL.Na pobreza do corazón do home Deus quer nacer, e o corazón que so se enche de cousas, creo que é máis pobre que o pentello no que naceu Xesús.


jueves, 6 de noviembre de 2014

NOVENA DE ANIMAS





Hoxe comeza a Novena de Animas na Franqueira, Prado da Canda e A lamosa. Os horarios son:
10 da mañá: A Lamosa
5 da tarde: Prado da Canda
6 da tarde: A Franqueira


sábado.
A Lamosa: 10 da mañá.
Prado da Canda: 11 da mañá
A Franqueira: 12 da mañá

O domingo no horario habitual


É a oportunidade de achegármonos á realidade da morte coa visión propia da fe.

O vindeiro sábado15 teremos o Acto de Ánimas

10 da mañá: Prado da Canda
11 da mañá: A Franqueira
12 da mañá: A Lamosa

sábado, 1 de noviembre de 2014

CADEA DE ORACIÓN: NOVEMBRO 2014

CADEA DE ORACIÓN, NOVEMBRO


Cada mes, desde hai case 3 anos,  o Santuario da Nosa Señora da Franqueira ofrece a posibilidade de unirse nunha cadea de oración polas intencións da Igrexa, do Papa, da nosa Diocese e das intencións dos devotos da Virxe da Franqueira. É a oportunidade de establecer un vínculo de oración desde os diversos lugares do mundo onde se atopen os devotos da Nosa Señora.
Pedimos, de xeito moi especial, a vosa oración polos enfermos. Así, no esquema, podedes ver unha oración de intercesión polas persoas enfermas poñendo incluso no pensamento e no corazón os seus nomes.

Se alguén necesita que recemos polas súas intecións que n-lo faga chegar a través do correo electrónico info@afranqueira.org , ou no facebook, estaremos encantados de servirlles.

Descarga o esquema e reza con todos nós á Virxe da Franqueira.