sábado, 8 de febrero de 2014

A FRANQUEIRA, SAÚDE E VIDA

A Franqueira, Saúde e Vida

Cada día son moitas as persoas que, desde os seus lugares, no fogar, no traballo, no lecer, na oración, lembran á Virxe da Franqueira. Pensamentos e recirdos da infancia, ou da ñultima romaría, ou ben da vez que viñeron á celebración da Eucaristía dominical, ou, quen sabe, cando foron a confesar e saíron do sacramento do perdón reconfortados e descansados. Pero tamén son moitos, familiares e amigos dos enfermos, que, cada día piden unha oración á Virxe pola saúde. Nenso, xoves, anciáns, xente nova e vella, esposos e esposas, pais e fillos, ¡qué pena!, a enfermidade non fai máis selección. Por iso, neste mes, en que celebramos a xornada mundial dos enfermos, o día 11 de febreiro, queremos facer un encontro cheo de esperanza e de vida. Hoxe, día 8, como cada mes, teremos a Misa solemne en Honor da Virxe da Franqueira, e queremos ter, xa agora, unha lembranza moi especial. É moi duro ver que os que máis queres están débiles, e que, a enfermidade pode levar á morte.

A Virxe María, invocada neste santuario e en toda a nosa Diocese, como Nosa Señora da Franqueira, á a Fonte onde imos beber as Gracias da vida e da saúde. Vida, como don de Deus, sempre en continuo agradecemento por ela. Saúde, como un ben a preservar e a coidar, o fundamento da nosa acción. Pero non so a saúde física senón que o Señor ven a coidar de todos e en todo. Como ó médico contémoslle o que nos pasa.

Esperámosvos o vindeiro 11 de febreiro, ás 5 da tarde, para unha charla- coloquio titulada "Rezar na enfermidade" e a celebración da Misa coa bendición dos enfermos ás 6 da tarde. Daremos a venerar o fragmento da gruta de Lourdes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario