lunes, 23 de diciembre de 2013

FELICITACIÓN DE NADAL

¡Qué grande es, Señor! Sendo Deus faste pequeno, débil, fráxil, un mediño que nace na fría noite, traendo o calor do corazón de Deus. Alí, nun recuncho daquela cova, deixa que esteamos cada un, sorprendidos, alegres, sen palabras. Non hai moito que dicir, pero si moito que contemplar. Non hai moito que levar, pero si, moito que recibir. Déixanos, María, coller no colo ó teu filliño, déixanos arrolado e dicirlle no oído: ¡canto te quero Señor. Deixa Xosé que nos alegremos contigo, as túa bagos de alegría contaxian tanta tenrura. Deixádenos anxos que cantemos convosco, o ceo está aquí presente. Deixade pastores que nos axeonllemos e pisemos terra, a mesma que recolle o sangue dos que sofren. Que veña todo o mundo, pois hoxe naceunos un Neno. Felicidades a todos. Xabier Alonso Docampo Santa María da Franqueira Santiago de Prado da Canda San Bartolomeu da Lamosa

1 comentario:

  1. «En Franqueira, siempre es Navidad...» como fué dicho em la celebración liturgica de 22/12/13. Es mi deseo que en el corazón de los Hombres esté presente el espíritu navideño a lo largo de cada dia del 2014, para que consigamos vivir, de forma solidária y aliviar el sufrimiento de los más necesitados. Feliz Navidad, es el deseo de una família de La Lamosa.

    ResponderEliminar