viernes, 4 de octubre de 2013

Mes de outubro. Rosario e peregrinacion a Lourdes

Como cada ano o Santuario da Franqueira prepara dúas actvidades en torno á Virxe María neste mes de outubro. A primeira xa está a piques de comezar. o vindeiro día 13 un grupo de peregrinos encamiñámonos cara ó santuario de Lourdes. É a sexta peregrinación que se organiza. Nesta ocasión están anotadas unha 40 persoas, pero aínda poden engadirse moitas máis. Saiuremos o domingo despois da Misa das 5 da tarde para pasar a noite en Lugo. Ó día seguinte visitaremos Covadonga e o santuario de Santo Toribio de Liébana, dormindo en Comillas. Desde a tarde do mércores ata o a tarde do xoves estaremos en Lourdes. Alí participaremos na Misa internacional, rezaremos na gruta das aparicións, coñeceremos os lugares da vida de Bernardita Soubirous, rezaremos o vía crucis e teremos a oportunidade de coñecer máis a fondo este universal lugar mariano. Na volta pernoctaremos en Burgos e celebraremos Misa na Capela do famoso Cristo. O regreso pasaremos pola Bañeza para voltar renovados na fe a casa. O prezo da peregrinación é de 350 € por persoa. Na fin do mes, o último sabado, día 26, teremos a peregrinación do Rosario. Saímos ás 4 da tarde a Lamosa e rezando os misterios do Rosario en distintos lugares chegaremos ao santuario para a celebración da Eucaristía. Neste ano centrarémonos na fe como unha chamada a renovar a nosa vida das mans da Virxe María.O ano xubilar da Franqueira esnos a axudar a vivir intensamente a nosa devoción á Virxe María.

No hay comentarios:

Publicar un comentario