jueves, 19 de septiembre de 2013

MAGNIFICAT.Exposicion conmemorativa dos 50 anos da coronacion

EXPOSICION CONMEMORATIVA DOS 50 ANOS DA CORONACION CANONICA DA VIRXE DA FRANQUEIRA Con motivo da celebración do Ano Xubilar da Franqueira e o Ano da Fe, inaugurarase o vindeiro 27 de setembro unha exposición titulada "Magníficat". Na casa das artes de Vigo poderemos contemplar en tres apartados a historia, a tradición e a devoción da Virxe da Franqueira. É aproxección cultural que queremos dar a este gran acontecemneto, que ó longo de todo este ano, congregou ó milleiros de fieis que se achegaron ó Santuario da Nosa Señora a felicitala por estas vodas de ouro. Podemos dicir, sen medo a equivocarnos, que é o borche de ouro a este Xubileo. D. Saniago Vega e D. Andrés Fuertes, sacerdotes especializados en arte, e, cunha longa experiencia no traballo a prol da nosa Diocese, asumiron con grande alegría este proxecto. Non cabe dúbida, que será un expoñente cultural na historia da nosa Diocese de Tui-Vigo, pois exporase un gran abano do que é e significa este santuario mariano. Queremos agradecer o labor e a dedicación deste dous compañeiros e irmáns no ministerio. O traballo e a xenerosidade de moitas outras persoas, a das parroquias que emprestan as súas imaxes para que as poidamos expoñer; as institucións publicas que nos axidaron a levar a diante este proxecto. A todos moitas grazas. Ó longo de todo o mes que durará a exposición, 27 de setempbro- 27 de outubro, teremos a oportunidade de ir comentando a acollida que poderá ter e a sensacións que vai a emitir. Polo de agora convidamos a todos os que queiran a asistir á presnetación que terá lugar o venres 27 de setembro ás 20 horas na casa das artes de Vigo. Os que primeiro vaiades tendes que despois convidar a outros a visitala. Non esquezades de facervos co catálogo que se publica. Vale a pena adquirir unha obra única, polos artigos que se escribiron, ós que agradecemos a xenerosidade dos seus autores; a fermosura e calidade das fotografías,e, porque é unha obra única e irrepetible. Xa o sabedes, o venres 27 des setembro. Os que desexen degustar un anticipo, poden asistir á presentación que terá lugar no salón de plenos do Concello da Cañiza a véspera, o xoves 26, ás 20,30 horas. Queremos que a devoción da Virxe da Franqueira se achegue a todos e sexa coñecida por todos. Grazas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario